quarta-feira, 6 de agosto de 2008

Mostra de Ciência e Cinema da Coruña

Recebi do Cesar Valente, que recebeu do blogueiro galego Martin Pawley, mensagem sobre a primeira mostra de ciência e cinema da Coruña, no norte da Espanha. Segue a mensagem na íntegra, no saboroso idioma galego.

...e non recibimos aínda ningún filme procedente do Brasil! Por favor, difundide esta información entre aquelas persoas que pensedes que poden estar interesadas. Obrigado!

AÍNDA HAI DÚAS SEMANAS DE PRAZO PARA PARTICIPAR NA MOSTRA DE CIENCIA E CINEMA

Filmes procedentes de Francia, Italia, Grecia, Alemaña, Inglaterra, EEUU e mesmo Burkina Faso chegaron xa ao longo dos últimos dous meses á oficina da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarita da Coruña. Entre o material recibido hai varios documentais inéditos, mais tamén traballos exhibidos e premiados en festivais internacionais, nalgúns casos non especificamente científicos, caso de Sundance ou o "It's all true" de São Paulo.

Na súa primeira edición a Mostra de Ciencia e Cinema concederá dous premios principais cunha dotación económica de seis e tres mil euros, respectivamente, e un premio específico para o mellor documental galego (dous mil euros). Ademais, un xurado formado por estudantes de secundaria e bacharelato outorgará un Premio da Xuventude, dotado con dous mil euros. A data límite para o envío de orixinais é o venres 22 de agosto.

Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, a Mostra de Ciencia e Cinema conta coa colaboración da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria; da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, e dos Museos Científicos Coruñeses. O programa da Mostra
inclúe tamén entre outras actividades un ciclo de filmes nas instalacións do Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, e un Obradoiro de guións documentais científicos, impartido polo profesor da Universidade de Navarra Bienvenido León e desenvolvido co apoio da Axencia Audiovisual Galega. O Obradoiro de guión cubriu xa a metade das súas prazas disponíbeis en apenas catro días desde que se abriu o
prazo de inscrición.

Web da Mostra de Ciencia e Cinema: http://cienciaecinema.org/
Info sobre o Obradoiro de guión: http://cienciaecinema.org/?p=29
Correo de contacto: info@cienciaecinema.org